No camiño de volta

Votar NULO non é máis que un exercicio de LUCIDEZ cidadá fronte a un SISTEMA de democrácia trucada por unha “clase política” profesionalizada e obsesionada en acadar postos de poder e priviléxios que polos seus propios méritos raramente acadarían. Autoinstalanse nas listas, autoabastecense, autocompracense, autoproducense e, entre todos, dispóñense a manipular a opinión da cidadanía na dirección da súa particular conveniencia.

Resulta, cando menos, inxenuo esperar que certa renovación nas listas poida supoñer un cambio efectivo no comportamento dos políticos. Os “novos” xa veñen coa lección aprendida e son copia dos seus antecesores, onde todo se lle propicia para instalarse na rutina e na comodidade do cargo. Xa de entrada saben que para facer carreira política o mellor é seguir a ruta dos seus xefes de partido.

Isto é así porque todo o sistema é perverso por definición. Está pensando e concibido para asegurar o control e dominio de unha clase minoritaria sobre da inmensa maioría.

Estamos, pois, diante de unha democrácia “trampa”, mutilada a conciencia por unha “aristocrácia política”, disfrazada de demócrata pero que trata a maioría social como se de un grande “rebaño” se tratara.

Non lles sigas dando a razón! Fai un voto NULO consciente. Dille que non formas parte do “rebaño” que a eles lles gustaría que foses.

Votar: si, pero por unha democrácia DIRECTA, onde os cidadáns, despois de emitir unha papeleta, deixemos de ser meros e impotentes expectadores diante de tanto mal facer de unha clase política que se sinte intocable durante catro anos por máis que resulte incompetente, déspota, despilfarradora, ou mesmo corrupta.

Si, a unha democrácia DIRECTA onde as listas non sexan pechadas, que contemple a limitación de mandatos, a non duplicidade de cargos, a libertade de voto nas institucións sen aplicación da disciplina partidaria. Onde os cidadáns, previa regulamentación plenamente ordenada e democráticamente aplicada, poidan intervir nos plenos municipais con caracter aberto. Onde cada cidadán poida ter acceso directo a toda información precisa sobre a xestión institucional. Onde por iniciativa cidadán (recollida de sinaturas nunha razoable porcentaxe ou medio semellante) se poidan practicar referendos municipais para temas de importancia xeral: infraestructuras, servizos básicos (auga, sanidade, ensino, servizos sociais), etc.,

Todo o dito non ten nada de utópico nin de imposible, é perfectamente practicable e todo redundaría nunha democrácia decente e en mellorar as condicións de vida de toda a cidadanía, sen exclusións.

Só nesa nova condición democrática, si tería sentido votar por uns ou por outros. Namentres, votar NULO é a maneira de exercer, con dignidade a nosa propia soberanía de cidadáns conscientes e mostrar, de maneira inequívoca, a nosa desconformidade con tan atenazadora degradación política. Votar NULO tamén supón dicirlle a toda unha “clase política” parasitaria que a cidadanía de hoxe non está disposta a seguir sendo tratada como un grande rebaño levado da man de un NEOFEUDALISMO político-institucional.

Ata que a democrácia sexa DIRECTA e non un mero DISFRAZ, votar NULO é o que corresponde a unha cidadanía non disposta a ser “eternamente” manipulada.

Tal obxetivo non é unha inxenuidade, tratase de unha idea FORZA que, tarde ou cedo, ha de facerse realidade; aínda que hoxe por hoxe, vaia a contracorrente do conformismo imperante.

VOTAR NULO É O QUE CORRESPONDE POR UNHA DEMOCRÁCIA DIRECTA!. Outra cousa será seguir “FOZANDO NO MESMO LAMEIRO”.

Por Souto Vermello
Abril do 2.011

Esta entrada foi publicada en Sen clasificar. Garda a ligazón permanente.