Apoloxía do Voto Nulo

Como están as cousas, o voto nulo é a única opción auténticamente libre, crítica e alternativa que nos deixa o sisterna electoral.

Hai quenes pensamos que as eleccións políticas utilizanse maiormente como mecanismo de dominación: a súa función é exclusivamente lexitimadora do sistema. O mecanismo é maléfico e non merece a pena insistir agora en como funciona. Brevemente: cada catro anos dáselle á xente a elexir entre unhas poucas opcións para designar a quenes mandan (realmente nunca hai máis de dous, apurando moito tres, opcions reais de governo). A súa dominación, a partir de entón, aparece como fundada democráticamente. Para que nada falte, a campaña, un debate aparente entre programas e ideoloxía da a necesaria cobertura ao proceso, esquecendo que en verdade non se votan decisións políticas, senon persoas libres de exercer o seu poder como mellor lles praza. Hoxe en día, o problema das eleccións non é xa a súa insuficiencia (tal e como plantexan inocentemente os que tímidamente piden MÁIS democracia) senón que serve de paraugas para frear e evitar CALQUER tipo de democracia participativa. Ante os humildes intentos de cidadáns e colectivos sociais para gañar ámbitos de decisión directa e cotiá, os responsables políticos sempre alegan a forza suprema, como auténtica divinidade democrática da soberanía popular. Esta divinidade, ao parecer, só se manifiesta en procesos electorais organizados con carácter xeral e desde o poder público, así que calquer outra posibilidade estará sempre en desventaxe.

Chegamos, pois, á conclusión de que hai que reaccionar contra o sistema electoralista. O inimigo é a dominación arbitraria duns poucos, pero ésta amosase tamén no seu mecanismo de manipulación ideolóxica que leva a moitos demócratas sinceiros -e non só aos partidos, que están evidentemente interesados eles ese poder ilexítimo – a aceptar acríticamente a bondade das eleccións políticas como o máis óptimo instrumento de participación política dos cidadáns. Hai que diseñar, pois, estratexias eficaces pero correctas e consecuentes ca crítica indicada. ¿Cales? Esencialmente pode pensarse en tres: abstención, voto en blanco, voto nulo.

Como os círculos sociais críticos desde os que soese articular a democracia radical están impregnados do virus da democracia electoralista, só soese pensar nos dous primeiros. Se non estás dacordo coas eleccións -soe decirse- pois non votes. É unha postura defendida históricamente desde colectivos de raigame, como o anarquismo. A principal virtude da abstención é súa capacidade deslixitimadora. Plantexa un problema principal: non hai maneira de diferenciar a abstención crítica e activa daquela que descansa na desgana, apatia ou sumisión. Nelo amparase o sistema para ignorala ou achacarlla a”falta de información”. Pouco máis.

Ultimamente repuntan das iniciativas que piden o voto en blanco. Tratase dun tipo de voto pensado para quenes non son capaces de decidirse entre as distintas opcións electorais que se lle presentan. Transmite unha sensación de inconformismo ao negar que ningún dos partidos que optan ao poder esté cualificado adecuadamente para elo. Nembargantes é un voto rematadamente colaboracionista co sistema electoral, acolléndose a unha posibilidade legalmente prevista. Por se fora pouco, o sistema electoral proporcional provoca que os votos blancos favorezan en última instancia aos partidos máis grandes: contabilizanse no total de “votos válidos emitidos” e polo tanto contribuen ao cálculo a alza do cociente electoral (votos divididos entre escanos) que está na base de todo o reparto.
Frente a elo, a opción máis reivindicativa, non cabe duda de que é o voto nulo. Ante todo, implica saltarse as normas, optar por algo que non está previsto como opción. O voto nulo é o voto dos torpes, dos analfabetos, dos que se equivocan ao votar; nunca é malo estar cos analfabetos. Utllizar políticamente o voto nulo é subvertir o sistema. Lanza unha mensaxe de denuncia activista: saltamonos as regras.

En segundo lugar, o voto nulo é o único voto libre, porque é o único voto realmente creativo. Denunciamos que nos den a escoller como borregos entre dous ou tres opcions (moi parecidas entre si). A vida é múltiple, complexa e rica. As opcións son miles e dependen de cada persoa. Co voto nulo cada un pode votar a quen queira, imaxinario ou real. O voto nulo serve tanto de exercicio da libertade de expresión como de denuncia.

Esta entrada foi publicada en Sen clasificar. Garda a ligazón permanente.