Redondela polo Voto Nulo http://votonuloredondela.blogaliza.org Just another blogaliza.org site Ven, 06 Mai 2011 22:32:59 +0000 gl-ES hourly 1 https://wordpress.org/?v=4.7 Votar Nulo resolve? http://votonuloredondela.blogaliza.org/2011/04/27/votar-nulo-resolve/ http://votonuloredondela.blogaliza.org/2011/04/27/votar-nulo-resolve/#comments Wed, 27 Apr 2011 23:21:13 +0000 http://votonuloredondela.blogaliza.org/?p=33 Sigue lendo ]]> Se estades fartos do funcionamento do Concello e de que todos se comporten exactamente igual, a LIGA VECIÑAL POLO VOTO ÚTIL, tenche unha proposta para as próximas elecións municipais. A LIGA VECIÑAL POLO VOTO ÚTIL non che pide que votes a este ou aqueloutro partido nin determinada Plataforma, non che pide nada para ela nin para quen a compón, senón que expreses o teu descontento con todos os que non te defenderon ata agora, mediante o Voto Nulo cuantificable, cunha papeleta que xa che faremos chegar ao seu debido tempo, e na que se farán constar as razóns polas que non votas a ningún deles.

¿PORQUÉ VOTO NULO?

Porque queremos que os nosos votos valan para algo! Se escollésemos este ou aquel político, tal vez elixisemos un ovo san para colocar na cesta dos ovos podres, pero todos sabemos que un san no medio dos podres, apodrece. O problema non é que algúns políticos sexan podres. O problema é que a maioría ten costumes apodrecidas. Basta ver como votan e se protexen os uns aos outros, como conservan os seus priviléxios e as súas impunidades ata por mezquindades ou delictos comúns. A historia recente deste País está chea de anécdotas que poderían ilustrar perfectamente o que falamos. Por iso, co voto nulo queremos dicir que estamos contra a podredume e non contra este ou aquel político podre.

ENTÓN, ¿PORQUÉ VOTAR NULO?

Se estás contra a pena de morte (é un exemplo), non ten sentido que elixas entre que instrumentos son mellores ou menos crueis para matar a alguén. ¿Pode acaso existir un sistema de matar máis simpático ou menos cruel para matar? Se estás contra que te aten polo pescozo, non se trata de escoller que vai asegurar mellor a corda, senón de buscar a forma de acabar co costume de poñernos a corda ao pescozo.
Porque non estamos contra este ou aquel político: ¡estamos contra o sistema político que permite estas cousas!. O Sistema Político que temos é un perpetuador da corrupción, do nepotismo e da impunidade. Os partidos teñen a reserva da representación e escollen (e mal) as persoas a que nós podemos votar. E só podemos votar aos que eles escolleron previamente, entre eles, sen contar conosco. Unha vez eleitos, ¿quen os tira de alí se son corruptos ou, si fan o contrario do que nos prometeron nas campañas electorais? ¡Só eles mesmos! Claro que a xente pode presionar. Mais se eles non quixeran, nada dariamos feito. O Sistema Político está podre, e haberá que cambiar moitas cousas para vivir realmente nunha sociedade democrática e realmente libre. O actual sistema é o culpable de permitir tantas e tantas podredumes como a que propicia o urbanismo salvaxe que pretende acabar co País se nós non acabamos antes con él. O actual Sistema Político, aínda que de cando en vez permite que os “demasiado evidentes” vaian ao cárcere, absorve e apodrece todo o que toca.

¿VOTAR NULO RESOLVE?

Non, mais xa é un comezo. É un recado claro de que non nos chega só co momento das eleccións, que queremos fiscalizar, que queremos voto optativo,que queremos o fin da impunidade, que queremos poder tirar da poltrona a quen nos enganou, que queremos ser consultados cando se dirimen as nosas normas e as infraestructuras que van afectar ás nosas vidas, que queremos partidos responsables e non vagos, que queremos poder elixir candidatos independentes dos partidos, que queremos ser cidadáns e non súbditos, que non queremos que se viva a política como unha carreira profesional, a onde van parar, por certo, todo tipo de parásitos sociais sen oficio nin beneficio. O Voto Nulo é só un recado. É só un comezo. Mais xa é algunha cousa. É o comezo dunha toma de consciencia.

¡VOTO NULO! ¡VOTO ÚTIL!

Queremos que os nosos votos sexan útis. E non utilizados por este ou aquel outro candidato para “arrombar” a súa vida e a vida dos seus compadres. Útil para dicir que non concordamos nin un minuto máis con tanta impunidade, tanto roubo e tanta podredume, e que tamén QUEREMOS UNHA REFORMA POLÍTICA!!! Para que as listas sexan abertas, os candidatos revocables e non impunes, e que no interior dos partidos exista verdadeira democrácia.

]]>
http://votonuloredondela.blogaliza.org/2011/04/27/votar-nulo-resolve/feed/ 1
Distintos tipos de voto http://votonuloredondela.blogaliza.org/2011/04/23/distintos-tipos-de-votos/ http://votonuloredondela.blogaliza.org/2011/04/23/distintos-tipos-de-votos/#comments Sat, 23 Apr 2011 11:57:13 +0000 http://votonuloredondela.blogaliza.org/?p=24 Sigue lendo ]]> ABSTENCIÓN
A súa pricipal virtude e a capacidade deslixitimadora, pero o seu principal problema e que non hai forma de distinguir a abstención crítica, da que descansa na desgana, indeferencia, submisión. Nisto basease o sistema para ignorala ou para achacalo á “falta de información”. Pouco máis.
VOTO EN BRANCO
Está pensado para aqueles que non son capaces de decidirse entre as distintas opcións electorais. Transmite unha sensación de inconformismo o negar que ningún dos partidos está cualificado para chegar ao poder. Nembargantes é un voto tremendamente colaboracionista có sistema electoral, acolléndose a unha posibilidade legalmente prevista. Así para calcular a sua porcentaxe, téñense en conta os votos “normais” e “brancos”. Por se fora pouco, o sistema electoral proporcional provoca que os votos brancos favorezan en última instancia aos partidos máis grandes: contabilizanse no total de “votos válidos emitidos” e polo tanto contribuen ao cálculo ao alza do cociente electoral (votos divididos entre escanos) que está na base de todo o reparto.
VOTO NULO
É a opción más reivindicativae o único voto activista. Ante todo, implica saltarse as normas, optar por algo que non está previsto como opción. Utilizar políticamente o voto nulo é subvertir o sistema. Lanza unha mensaxe de denuncia activista: saltamonos as reglas.
O voto nulo é o único voto libre, porque é o único voto realmente creativo. Denunciamos que nos den a escoller como lelos entre dous ou tres opcions (moi parecidas entre si). A vida é múltiple, complexa e rica. Hai millerios de opcións e dependen de cada persoa. Co voto nulo cada un pode votar a quen queira, imaxinario ou real. O voto nulo serve tanto de exercicio da libertade de expresión como de denuncia. Non favorece a ningunha candidatura para que ninguén se leve o teu voto de forma indirecta.
Quen vota nulo molestase en pensar e elaborar unha papeleta, molestase en ir ao colexio electoral e todo elo para realizar un acto de protesta, sin máis valor que o da denuncia pública e simbólica. Ese é o modelo de activista social que transformará a sociedad globalizada. Non que segue aos partidos e seus sistemas a modo de masa gigantesca hacia o pazo de inverno, senón o creativo, loitador e independiente; imprevisible; autónomo.

]]>
http://votonuloredondela.blogaliza.org/2011/04/23/distintos-tipos-de-votos/feed/ 1
Manifesto 2.011. VOTO NULO, VOTO ÚTIL http://votonuloredondela.blogaliza.org/2011/04/14/14/ Thu, 14 Apr 2011 22:18:55 +0000 http://votonuloredondela.blogaliza.org/?p=14 Sigue lendo ]]>

O próximo 22 de Maio estamos convocados ás urnas para votar aos representantes públicos en tódos os concellos do País e nalgúns parlamentos autonómicos do Estado.

Os representantes elixidos terán ao seu cargo a xestión de miles de millóns de euros durante un período de catro anos, motivo dabondo para os votantes extremarmos as precaucións.

Ao longo dos últimos anos o nivel de corrupción política tense disparado de forma alarmante. Ollamos como se fomenta de maneira sistemática o mesmo sistema caciquil, o atraso, a rutina, a venda de favores que son dereitos, a ocultación, a provocación,o urbanismo caótico…, accións que significan brutais agresións contra o medio ambiente, contra o noso patrimonio e, en definitiva, contra a nosa calidade de vida.

Por tal motivo, o voto nulo é a mellor opción. Entendemos que esta opción cumpre con todos os requisitos democráticos; castiga a partitocracia, non renuncia ao exercicio do sufraxio universal (un dereito gañado co sangue dos demócratas ao longo da Historia), e castiga aos políticos; mais non de maneira ambigua e inexpresiba, senón emitindo un voto cunha clara e contundente mensaxe de rexeitamento. Chegou a hora de dicir “NON” á indecencia cando votamos, o único momento de verdadeiro poder que nos queda como cidadáns.

O sistema funciona moi ben para a clase política, pero moi mal para a cidadanía. Aquí e agora non son cribles estes partidos, nin despertan interese nin entusiasmo, porque existe unha crise de representatividade.

Con todas estas circunstancias sobre a mesa, debátese libremente as posibilidades de acción de cara ás eleccións municipais do próximo mes de Maio. Ao propor aos redondeláns unha papeleta que canalice o rexeitamento ao funcionamento de todos os partidos políticos que se presentan ás eleccións, será considerada como VOTO NULO e o seu deseño servirá para cuantificar eses votos nulos comprometidos que buscan outro tipo de democracia, máis directa e participativa.

Maniféstase, deste modo por segunda vez, o total rexeitamento ao xeito de gobernar, máis tamén para obrigar a que se amosen propostas que muden o fondo e a forma de facer política. Unha opción que deixe en evidencia a multidude de mentiras que ao ser reiteradas por tódolos poderes tanto fácticos coma “democráticos” pretenden converterse en verdades inmutables. Afirmacións como que “A democrácia representativa é a única posible”. Nós pensamos que é moito máis desexable a
democrácia directa, mediante listas abertas, plenos asemblearios e cunha participación continuada de tódolos cidadáns nas decisións.

votonuloredondela@gmail.com, 14 de abril do 2.011

]]>
No camiño de volta http://votonuloredondela.blogaliza.org/2011/04/14/no-camino-de-volta-por-souto-vermello/ Thu, 14 Apr 2011 21:47:57 +0000 http://votonuloredondela.blogaliza.org/?p=5 Sigue lendo ]]> Votar NULO non é máis que un exercicio de LUCIDEZ cidadá fronte a un SISTEMA de democrácia trucada por unha “clase política” profesionalizada e obsesionada en acadar postos de poder e priviléxios que polos seus propios méritos raramente acadarían. Autoinstalanse nas listas, autoabastecense, autocompracense, autoproducense e, entre todos, dispóñense a manipular a opinión da cidadanía na dirección da súa particular conveniencia.

Resulta, cando menos, inxenuo esperar que certa renovación nas listas poida supoñer un cambio efectivo no comportamento dos políticos. Os “novos” xa veñen coa lección aprendida e son copia dos seus antecesores, onde todo se lle propicia para instalarse na rutina e na comodidade do cargo. Xa de entrada saben que para facer carreira política o mellor é seguir a ruta dos seus xefes de partido.

Isto é así porque todo o sistema é perverso por definición. Está pensando e concibido para asegurar o control e dominio de unha clase minoritaria sobre da inmensa maioría.

Estamos, pois, diante de unha democrácia “trampa”, mutilada a conciencia por unha “aristocrácia política”, disfrazada de demócrata pero que trata a maioría social como se de un grande “rebaño” se tratara.

Non lles sigas dando a razón! Fai un voto NULO consciente. Dille que non formas parte do “rebaño” que a eles lles gustaría que foses.

Votar: si, pero por unha democrácia DIRECTA, onde os cidadáns, despois de emitir unha papeleta, deixemos de ser meros e impotentes expectadores diante de tanto mal facer de unha clase política que se sinte intocable durante catro anos por máis que resulte incompetente, déspota, despilfarradora, ou mesmo corrupta.

Si, a unha democrácia DIRECTA onde as listas non sexan pechadas, que contemple a limitación de mandatos, a non duplicidade de cargos, a libertade de voto nas institucións sen aplicación da disciplina partidaria. Onde os cidadáns, previa regulamentación plenamente ordenada e democráticamente aplicada, poidan intervir nos plenos municipais con caracter aberto. Onde cada cidadán poida ter acceso directo a toda información precisa sobre a xestión institucional. Onde por iniciativa cidadán (recollida de sinaturas nunha razoable porcentaxe ou medio semellante) se poidan practicar referendos municipais para temas de importancia xeral: infraestructuras, servizos básicos (auga, sanidade, ensino, servizos sociais), etc.,

Todo o dito non ten nada de utópico nin de imposible, é perfectamente practicable e todo redundaría nunha democrácia decente e en mellorar as condicións de vida de toda a cidadanía, sen exclusións.

Só nesa nova condición democrática, si tería sentido votar por uns ou por outros. Namentres, votar NULO é a maneira de exercer, con dignidade a nosa propia soberanía de cidadáns conscientes e mostrar, de maneira inequívoca, a nosa desconformidade con tan atenazadora degradación política. Votar NULO tamén supón dicirlle a toda unha “clase política” parasitaria que a cidadanía de hoxe non está disposta a seguir sendo tratada como un grande rebaño levado da man de un NEOFEUDALISMO político-institucional.

Ata que a democrácia sexa DIRECTA e non un mero DISFRAZ, votar NULO é o que corresponde a unha cidadanía non disposta a ser “eternamente” manipulada.

Tal obxetivo non é unha inxenuidade, tratase de unha idea FORZA que, tarde ou cedo, ha de facerse realidade; aínda que hoxe por hoxe, vaia a contracorrente do conformismo imperante.

VOTAR NULO É O QUE CORRESPONDE POR UNHA DEMOCRÁCIA DIRECTA!. Outra cousa será seguir “FOZANDO NO MESMO LAMEIRO”.

Por Souto Vermello
Abril do 2.011

]]>
Apoloxía do Voto Nulo http://votonuloredondela.blogaliza.org/2011/04/01/apoloxia-do-voto-nulo/ Fri, 01 Apr 2011 21:03:04 +0000 http://votonuloredondela.blogaliza.org/?p=3 Sigue lendo ]]> Como están as cousas, o voto nulo é a única opción auténticamente libre, crítica e alternativa que nos deixa o sisterna electoral.

Hai quenes pensamos que as eleccións políticas utilizanse maiormente como mecanismo de dominación: a súa función é exclusivamente lexitimadora do sistema. O mecanismo é maléfico e non merece a pena insistir agora en como funciona. Brevemente: cada catro anos dáselle á xente a elexir entre unhas poucas opcións para designar a quenes mandan (realmente nunca hai máis de dous, apurando moito tres, opcions reais de governo). A súa dominación, a partir de entón, aparece como fundada democráticamente. Para que nada falte, a campaña, un debate aparente entre programas e ideoloxía da a necesaria cobertura ao proceso, esquecendo que en verdade non se votan decisións políticas, senon persoas libres de exercer o seu poder como mellor lles praza. Hoxe en día, o problema das eleccións non é xa a súa insuficiencia (tal e como plantexan inocentemente os que tímidamente piden MÁIS democracia) senón que serve de paraugas para frear e evitar CALQUER tipo de democracia participativa. Ante os humildes intentos de cidadáns e colectivos sociais para gañar ámbitos de decisión directa e cotiá, os responsables políticos sempre alegan a forza suprema, como auténtica divinidade democrática da soberanía popular. Esta divinidade, ao parecer, só se manifiesta en procesos electorais organizados con carácter xeral e desde o poder público, así que calquer outra posibilidade estará sempre en desventaxe.

Chegamos, pois, á conclusión de que hai que reaccionar contra o sistema electoralista. O inimigo é a dominación arbitraria duns poucos, pero ésta amosase tamén no seu mecanismo de manipulación ideolóxica que leva a moitos demócratas sinceiros -e non só aos partidos, que están evidentemente interesados eles ese poder ilexítimo – a aceptar acríticamente a bondade das eleccións políticas como o máis óptimo instrumento de participación política dos cidadáns. Hai que diseñar, pois, estratexias eficaces pero correctas e consecuentes ca crítica indicada. ¿Cales? Esencialmente pode pensarse en tres: abstención, voto en blanco, voto nulo.

Como os círculos sociais críticos desde os que soese articular a democracia radical están impregnados do virus da democracia electoralista, só soese pensar nos dous primeiros. Se non estás dacordo coas eleccións -soe decirse- pois non votes. É unha postura defendida históricamente desde colectivos de raigame, como o anarquismo. A principal virtude da abstención é súa capacidade deslixitimadora. Plantexa un problema principal: non hai maneira de diferenciar a abstención crítica e activa daquela que descansa na desgana, apatia ou sumisión. Nelo amparase o sistema para ignorala ou achacarlla a”falta de información”. Pouco máis.

Ultimamente repuntan das iniciativas que piden o voto en blanco. Tratase dun tipo de voto pensado para quenes non son capaces de decidirse entre as distintas opcións electorais que se lle presentan. Transmite unha sensación de inconformismo ao negar que ningún dos partidos que optan ao poder esté cualificado adecuadamente para elo. Nembargantes é un voto rematadamente colaboracionista co sistema electoral, acolléndose a unha posibilidade legalmente prevista. Por se fora pouco, o sistema electoral proporcional provoca que os votos blancos favorezan en última instancia aos partidos máis grandes: contabilizanse no total de “votos válidos emitidos” e polo tanto contribuen ao cálculo a alza do cociente electoral (votos divididos entre escanos) que está na base de todo o reparto.
Frente a elo, a opción máis reivindicativa, non cabe duda de que é o voto nulo. Ante todo, implica saltarse as normas, optar por algo que non está previsto como opción. O voto nulo é o voto dos torpes, dos analfabetos, dos que se equivocan ao votar; nunca é malo estar cos analfabetos. Utllizar políticamente o voto nulo é subvertir o sistema. Lanza unha mensaxe de denuncia activista: saltamonos as regras.

En segundo lugar, o voto nulo é o único voto libre, porque é o único voto realmente creativo. Denunciamos que nos den a escoller como borregos entre dous ou tres opcions (moi parecidas entre si). A vida é múltiple, complexa e rica. As opcións son miles e dependen de cada persoa. Co voto nulo cada un pode votar a quen queira, imaxinario ou real. O voto nulo serve tanto de exercicio da libertade de expresión como de denuncia.

]]>